quinta-feira, 6 de maio de 2010

Galicia conta co programa de transplante pulmonar máis activo de España

Galicia conta co programa de transplante pulmonar máis activo de España

cancerpulmonA conselleira de Sanidade clausurou as Xornadas de Transplante Pulmonar en Galicia coas que se conmemorou a celebración do 20 aniversario do primeiro transplante pulmonar realizado en España e os dez anos do inicio do programa de transplante pulmonar en Galicia.
Pilar Farjas Abadía destacou que actualmente o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, de referencia en Galicia e un dos seis hospitais de referencia española en transplante pulmonar, conta co programa máis activo de España “con resultados equiparables aos mellores do mundo e con supervivencias do 90% o primeiro ano”. No complexo coruñés son transplantados en menos de 60 días, a metade do tempo de espera que a media nacional situada en 124 días.
Actualmente, en España grazas ao traballo dos equipos de profesionais en transplante de pulmón se beneficiaron 2.237 pacientes. En concreto, no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña beneficiáronse 301 pacientes con este tipo de intervencións. Farjas Abadía destacou así mesmo que o incremento da actividade de transplantes permitiu só no ano 2009 realizar un total de 40 transplantes de pulmón, “o que o converte no segundo hospital español con máis intervencións e o primeiro por taxa de poboación, con 14,5 intervencións por millón de habitantes”.
Perfil dos doadores
As causas de morte dos doadores reflicten a constante diminución dos accidentes de tráfico e, na actualidade, o perfil tradicional do doante novo que faleceu nun sinistro de tráfico deu paso a un doante de entre 50 e 60 anos falecido por hemorraxia cerebral.
A conselleira de Sanidade explicou que estes cambios nos perfís dos doantes esixen un importante esforzo de adaptación aos complexos hospitalarios así, no hospital coruñés “dende o 2004 amosan un aumento paulatino ano a ano máis marcado no transplante unipulmonar, que ademais permite un mellor aproveitamento dos órganos con excelentes resultados”. A supervivencia dun 60% destes transplantados aos anos e dun 50% aos cinco anos, son unha boa mostra da mellora da calidade de vida destes enfermos.
Asistencia mellor e máis eficaz
Farjas Abadía sinalou tamén que o transplante de pulmón na actualidade é a última das alternativas terapéuticas a determinados procesos pulmonares como o enfisema, a fibrose quística, ou a hipertensión pulmonar primaria, entre outros diagnósticos presentes nos pacientes galegos.
Neste senso, a conselleira de Sanidade salientou que as enfermidades crónicas representan cada vez, una maior carga de morbilidade e da demanda de atención sanitaria. A prevención, potenciada dende a administración sanitaria, o diagnóstico precoz, ou a promoción dos autocoidados destes pacientes son fundamentais para determinar a resposta que debe proporcionar o sistema sanitario.
Nesta liña, Farjas Abadía sinalou que na Consellería de Sanidade e no Servizo Galego de Saúde “estamos convencidos de que na situación actual, e máis na nosa comunidade, cunha poboación claramente envellecida, debemos reprantexar a nosa forma de traballar”. Por iso, engadiu, “queremos impulsar a xestión por procesos e a xestión clínica, porque estes cambios requiren tempo e esforzo, pero creemos que só adaptando o sistema ás necesidades das persoas poderemos avanzar”.
Compromiso social
Farjas Abadía fixo un recoñecemento público aos doadores e ás súas familias que nun momento difícil teñen a valentía, a fortaleza e a xenerosidade de pensar nos demais. Tamén destacou e agradeceu o labor realizado polos profesionais que participan no proceso de doazón e transplante e contribúen a que o sistema galego se encontre situado dentro dos mellores de España.
Así salientou que “poucas actuacións dentro do campo sanitario requiren un compromiso tan concreto, da sociedade, dos profesionais e por suposto dos gobernos e das administración sanitarias” e engadiu que “estamos empeñados en que o xesto de doar teña un dos maiores recoñecementos sociais e sexa motivo de admiración social, polo que apoiamos e reforzamos o compromiso de igualdade e cohesión social que significa a doazón”.
Fonte: http://www.sanasana.es/?p=3996

Sem comentários:

Enviar um comentário

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

SIC - DIA MUNDIAL DO NÃO FUMADOR - Testemunho Sandra Campos (Transplantada Pulmonar por FQ)

TV GALIZIA - Testemunho de Sandra Campos

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

SIC - "Programa Companhia das Manhãs" - 14.10.2009

SIC - Fátima Lopes - Entrevista com Sandra Campos e Célia - Junho 2009 (2/2)

SIC - Fatima Lopes - Entrevista com Sandra Camps e Célia - Junho 2009 (1/2)

TVI- Jornal Nacional - Caso chocante de Açoriano que espera Transplante Pulmonar - 2008

SIC - Fátima Lopes Ago.2008 (2/2)

SIC - Fátima Lopes Ago.2008 (1/2)

TV Ciência - Testemunho de Vida - A F.Q e o Transplante Pulmonar



Obrigada a toda a equipa da TV Ciência pela oportunidade de divulgar esta doença rara chamada Fibrose Quistica. Não se falou nos Transplantes Pulmonares mas gostaria de deixar aqui a esperança para todos os que sofrem desta doença que o Transplante Pulmonar pode ser a única salvação numa fase muito avançada e terminal da F.Q.

SIC - Grande Reportagem Fev. 2007 (6/6)

SIC - Grande Reportagem - Fev. 2007 (5/6)

SIC - Grande Reportagem Fev.2007 (4/6)

SIC - Grande Reportagem - Fev.2007 (3/6)

SIC - Grande Reportagem Fev. 2007 (2/6)

SIC - Grande Reportagem Fev 2007 (1/6)

2005 - Sandra Campos - TV Localia (Depois do Transplante) (2/2)

2005 - Sandra Campos - TV Localia - La Corunha (Depois do Transplante) (1/2)

2005 - Sandra Campos - TV Localia La Coruña (antes do Transplante Pulmonar) 2/2

2005 - Sandra Campos - TV Localia La Coruña (antes do Transplante Pulmonar) (1/2)

Preparação para a Grande Reportagem SIC - Fev. 2007

Preparação para a Grande Reportagem SIC - Fev. 2007
Jornalista Susana André e Reporter de Imagem Vitor Quental

Preparação para a Grande Reportagem da Sic - Fev.2007

Preparação para a Grande Reportagem da Sic - Fev.2007
Reporter de Imagem Vitor Quental

La Corunha - Hospital Juan Canalejo

La Corunha - Hospital Juan Canalejo
Hotel de Pacientes - Vários Portugueses salvos por um Transplante Pulmonar

Uma vida é pouco para mim

Uma vida é pouco para mim
O meu lema de vida - Dia do meu Transplante Pulmonar